Relatividade especial

Albert Einstein 1921.

A Teoría (Especial, Restrinxida ou Restrita) da Relatividade (tamén coñecida como relatividade especial, relatividade restrinxida ou RE), publicada pola primeira vez por Albert Einstein en 1905, describe a física do movemento en ausencia de campos gravitacionais.[1] Estes conceptos foron presentados anteriormente por Henri Poincaré e Hendrik Lorentz, que tamén son considerados iniciadores da teoría. Antes, a meirande parte dos físicos pensaban que a mecánica clásica de Isaac Newton, baseada na chamada relatividade de Galileo (orixe das ecuacións matemáticas coñecidas como transformacións de Galileo) describía os conceptos de velocidade e forza para todos os observadores (ou sistemas de referencia). Porén, Hendrik Lorentz e outros, comprobaran que as ecuacións de Maxwell, que gobernan o electromagnetismo, non se comportaban en acordo ás leis de Newton cando o sistema de referencia muda (por exemplo, cando se considera o mesmo problema físico dende o punto de vista de dous observadores que se moven un en relación ó outro). A noción de transformación das leis da física en respecto ós observadores é a que dá nome á teoría, que se axusta co cualificativo de especial ou restrinxida por cinxirse a casos de sistemas nos que non se teñen en conta campos gravitatorios. Unha extensión desta teoría é a Teoría Xeral da Relatividade, publicada igualmente por Einstein en 1916 e incluíndo os ditos campos.[2]

  1. Albert Einstein (1905) "Zur Elektrodynamik bewegter Körper", Annalen der Physik 17: 891
  2. Tom Roberts and Siegmar Schleif (outubro de 2007). Usenet Physics FAQ, ed. "What is the experimental basis of Special Relativity?". Consultado o 7 de setembro de 2008. 

Developed by StudentB